Os amigos de Santi

7,20€

mercar

Os amigos de Santi

Araceli Gonda

Xosé Tomás

Nesta nova obra da colección Tartaruga contase a relación de Santi cunha serie de amigos que ten moi especiais.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 24
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 155 x 190
  • Data Publicación : 2014-06-11
  • Colección : Tartaruga
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-528-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

ara

Gonda, Araceli
Son Araceli Gonda, nacín en Morgadáns case case no día do libro de 1976. Fixen Xornalismo en Santiago, o que me levou á redacción de deportes da Televisión de Galicia. Alí levo once anos, a metade deles presentando distintos informativos. Tamén fun guionista en varias series de televisión, como 4º sen ascensor, Terra de Miranda ou Padre Casares. Con Flisflirisflás entro no mundo da literatura infantil e atopo un mundo novo. Porque a través da obra de teatro da que naceu o libro, e tamén coa posterior A rebelión do monicreque -as dúas da compañía Matapiollos- descubrín o público máis esixente do mundo, pero tamén o máis agradecido. Así que... quen sabe? Isto pode se-lo comezo dunha gran amizade.

Autor/a

xose-tomas

Xosé Tomás,
Xosé Tomás ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento "Xatentendo.com" de "La Voz de Galicia" e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a revista "Plis-Plas" (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de "Golfiño", realizando pasatempos e a serie "Luzbell". Conduciu diferentes obradoiros sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene. Para a nosa editorial ten ilustrado libros como Flis-fli-ris-flás de Araceli Gonda ou Vou ter un irmán! de María Solar.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR