Orixe

Séchu Sende

Unha historia de historias na que liberdade e conciencia social se reivindican como valores fundamentais dos seres humanos.

Sechu Sende era coñecido como poeta cando en 2004 gañou con Orixe o Premio Blanco Amor de novela. Esta é unha novela directa pero anovadora, divertida pero comprometida co seu tempo e coa sociedade. Cóntanos como Mario Negro, que padece dunha vertixe brutal que lle impide abrir os ollos, accede ao mundo imaxinativo de Laura Lobo, a súa enfermeira de noite. O poder liberador da imaxinación, a enerxía do amor e a súa capacidade para facer superar a soidade son as forzas que a enfermeira pon en xogo para rescatar a Mario Negro do profundo desánimo no que se afunde. Sechu Sende logra activar o elemento creativo de cada lector ou lectora cun mecanismo narrativo accesible e anovador. Acción e carga emocional forman parte de Orixe, unha novela que desde a situación inicial focalizada nun individuo acaba por abranguer o abano completo dunha nación sometida á ditadura.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 172
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2004-04-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-695-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

ela-sabe-a-solEla sabe a solNajla Shami
fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez

sechu

Sende, Séchu
Xosé Luis González Sende naceu en Padrón en 1971. É profesor e escritor. Nos últimos tempos estivo ligado de forma moi importante ás plataformas Nunca Máis e Burla Negra. Da súa produción poética destaca o libro Odisea. En 2004 gañou o Premio Blanco Amor de novela con Orixe. En 2007 publica, tamén en Galaxia, o libro de relatos Made in Galiza.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR