onde

20,50€

mercar

Onde mercan os Larpeiros

Tomás Alonso

Víctor López

Un percorrido por Galicia a través dos seus produtos de calidade e da súa paisaxe, unha festa de sabores e recendos na que non falta o humor

Os moitos seguidores de 'Larpeiros', eses milleiros de persoas que nas cociñas das súas casas seguen paso a paso as receitas que Benigno Campos lles fornece nos seus libros, teñen agora a oportunidade de achegarse, con este Onde mercan os Larpeiros ás máis excelentes galdrumadas da nosa terra.

Tomás Alonso e Víctor López, os autores, percorreron Galicia toda na procura dos ingredientes e mais das persoas, desas boas xentes que con agarimo e alta profesionalidade fabrican pan; crían tenreiras, capóns ou porcos; sementan fabas, pementos ou cogomelos; pescan robalizas e pescadas do pincho; elaboran amendoados, bicas e tortas…, unha festa para os padais máis esixentes.

Os nosos "Reis dos Mercados" falaron con eles e interesáronse polas súas angueiras e ilusións, e facilítannos as pistas para chegar aos seus produtos, asegurándonos que a nosa calidade alimentaria medrará moitos enteiros o seu consumo.

Di Xosé Cermeño, no limiar, que "este libro encerra a información práctica que converterá a calquera aspirante a larpeiro nun experto das conversas de sobremesa onde os lambóns diplomados compiten por ver quen coñece o mellor sitio para mercar queixo ou comer empanada". Seguindo os itinerarios que se propoñen neste Onde mercan os Larpeiros a diplomatura está asegurada.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 196
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 170 x 200 mm.
  • Data Publicación : 2011-11-02
  • Colección : Cociña
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-388-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Onde mercan os Larpeiros2012-03-27 10:30:42
Onde mercan os Larpeiros2012-06-08 12:13:40

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas

Conversa entre Larpeiros2011-11-25 20:00:00
CULTURGAL 20112011-12-03 12:00:00
Conversa con Tomás Alonso2011-12-17 19:00:00
Conversa entre Larpeiros2012-02-01 19:30:00
Conversa entre Larpeiros2012-04-16 20:00:00
Conversa entre Larpeiros2012-04-22 19:00:00
Conversa entre Larpeiros2012-04-22 13:00:00

Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

t

Alonso, Tomás
Tomás Alonso (Vigo, 1968) é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorando en Relacións Internacionais pola UNED cun traballo de investigación sobre o papel dos medios de comunicación na transición chilena. Traballou como redactor e locutor nos Servizos Informativos da Radio Galega e pertenceu á redacción de deportes da Televisión de Galicia, onde presentou e dirixiu programas como 'En xogo' e 'A xornada'. Na produtora Faro dirixiu o matinal 'Centro de Saúde' e presentou o concurso 'Queres ser o mellor?' Colaborador de La Voz de Galicia, La Sexta..., na actualidade traballa no programa da Televisión de Galicia 'Larpeiros'.

v

López, Víctor
Víctor López Arjona (Vigo, 1970) é licenciado en Xeografía, Arte e Historia de Galicia pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira xornalística en Radio Cadena Española, e de alí pasou a Radio Nacional, onde combinou as súas tarefas con Televisión Española. Durante sete anos foi redactor da Televisión de Galicia e desde febreiro de 2000 é xornalista na delegación en Vigo de La Voz de Galicia. Ademais disto foi correspondente da Axencia EFE en Vigo e colaborou en xornais de Galicia, como Diario 16 ou El Ideal Gallego; en radio, en Onda Cero, e en televisión en Digital Plus e La Sexta.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR