obxectos

16,75€

mercar

Obxectos antigos de orixe ignorada

Antón Risco

Novela inédita de Antón Risco que se publica postumamente.

Recorrendo a materiais tan diversos coma artigos do xornal, transcricións de programas de TV, críticas de cine e cartas, o autor inicia ao lector nun xogo narrativo que comeza cun home de mediana idade asasinado nun tren. A partir de aquí, a novela desenvolve tres historias, posibles mais diferentes, nas que se ven implicadas as Brigadas Roxas, ETA e a espionaxe antes da caída do muro de Berlín.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm
  • Data Publicación : 2008-03-07
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-059-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

mascaradaMascarada13,95€
embrionO embrión17,50€

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Antón Risco

Risco, Antón
Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo, 1998) viviu dende neno nun ambiente familiar moi vencellado á vida cultural galega. Despois de rematar os estudos de Filosofía e Letras obtivo unha praza de profesor de español en Francia e máis tarde nos Estados Unidos. De alí pasou a Canadá, onde exerceu a docencia durante moitos anos na Universidade de Laval, en Quebec. Froito desa dedicación universitaria foron os seus estudos sobre literatura fantástica e a súa moi citada tese de doutoramento sobre as estéticas de Valle-Inclán. Pero a figura de Antón Risco cobra unha especial relevancia na literatura galega pola súa obra de creación, na que destacan libros como Memorias dun emigrante (1987, Premio da Crítica Española), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio Galicia), Tres situacións elementais (1991), Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991) e Mascarada (1995). Con Os fillos do río foi finalista en 1997 do Premio Torrente Ballester que convoca a Deputación da Coruña. Coa novela O embrión, publicada en Galaxia, obtivo o premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol, no ano 2001, a título póstumo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR