Estás aquí:

Código: 1565

Obra dramática completa (Sarah Kane)

25,00  IVE INCLUIDO
En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira do prelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textos teatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completa de Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés do derradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante e documentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo da tradución.
A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX, abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaron reaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de 1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres, entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máis interesantes do panorama teatral en Europa. A edición da Obra dramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cinco textos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48 Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitos aspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés Antonin Artaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é un reflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humano non só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede os límites da representación. Malia a tráxica desaparición da autora en 1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade por mor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e que nos falan dun forte compromiso coa vida.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 494
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 02/11/2009
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: ESAD Galicia
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-193-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Kane, Sarah
sarah

Sarah Kane (Essex, 1971-Londres, 1999), logo de iniciarse na práctica do teatro na educación secundaria, cursou estudos de grao en artes escénicas na Universidade de Bristol e de posgrao na Universidade de Birmingham. Ao mesmo tempo, participou en eventos tan importantes como o Festival de Edimburgo, onde presenta espectáculos e coñece todo tipo de propostas anovadoras.

Na conformación da súa escrita van ter unha considerable influencia autores como Samuel Beckett, Caryl Churchill, Howard Barker ou Georg Büchner. A súa obra supuxo un forte revulsivo na escena británica do seu tempo, sobre todo pola crueza dos temas recreados e pola súa preocupación formal, lonxe do paradigma dominante da obra ben feita. Trátase dunha das autoras máis lúcidas e experimentais de todo o século XX.

As súas obras

Obra dramática completa (Sarah Kane)
obra
25.00€ CON IVE

COLECCIÓN

ESAD Galicia

A Electra acáelle o loito
electra
22.00€ CON IVE
A gaivota. O tío Vania
gaivota
21.90€ CON IVE
Alén
alen
16.20€ CON IVE
As criadas. O balcón
criadas
22.00€ CON IVE
Calígula. O malentendido
caligula
21.90€ CON IVE
Cartas de amor a Stalin. Himmelweg. A paz perpetua
cartas
21.90€ CON IVE
Catro pezas: O sétimo ceo. Mozas de primeira. Lonxe. De serie
catro
25.00€ CON IVE
Cento vinte e cinco anos de teatro en galego
teatro
50.00€ CON IVE