obra

29,50€

mercar

Obra completa

Luís Pimentel

Por primeira vez, publícase a Obra completa do poeta Luís Pimentel. Nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.

A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, Triscos, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, Sombra do aire na herba, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro Barco sin luces, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa Obra inédita o no recopilada.

A estes títulos, a presente edición da Obra completa engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 520
  • Deseño : Capa dura
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2009-11-05
  • Colección : Obras completas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-234-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Luís Pimentel volveu a Lugo2011-06-28 10:53:57

Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

latexo-beatLatexo BeatFestival Internacional Kerouac Vigo
corpo-de-antiochiaCorpo de antiochiaTamara Andrés
leonardo-e-os-fontaneiros-2017Leonardo e os fontaneirosMaría Victoria Moreno
a-sombra-dos-bonsaisÁ sombra dos bonsaisAntón Riveiro Coello

pimentel

Pimentel, Luís
Luís Pimentel (Luís Vázquez Fernández, Lugo 1895-1958). Médico de profesión, en 1914 comeza os seus estudos universitarios en Compostela e en 1922 viaxa a Madrid para cursar a especialización, alí frecuentaría a Residencia de Estudiantes e será cando comece o seu interese polos poetas españois da Xeración de 1927. Ao volver a Lugo, inicia as súas colaboracións na revista Ronsel e noutras publicacións e xornais, entrando en contacto con Celestino Fernández de la Vega e Ánxel Fole, entre outros. Aínda que empezou a escribir xa dende moi novo, o seu primeiro libro en galego non saíu ata despois da Guerra Civil baixo o título Triscos (1950). Tanto nel como en Sombra do aire na herba, publicado postumamente (1959), amosa a súa condición de poeta cunha sensibilidade particular que aproveita elementos impresionistas e intimistas para unhas composicións de grande mestría formal e expresiva. En 1960 publícase, cun prólogo de Dámaso Alonso, o poemario en castelán Barco sin luces. Un dos seus poemas máis coñecidos é o titulado "A Rosalía" que comeza coas famosas palabras "Non convén chorar máis…"


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR