O Triángulo inscrito na Circunferencia

Víctor F. Freixanes

Publicada en 1982 e gañadora do Premio blanco amor e do Premio da Crítica

O Triángulo Inscrito na Circunferencia é a primeira novela de Víctor F. Freixanes, coa que se situou decontado entre as figuras máis sobranceiras da narrativa galega de fins do século XX. Reeditada agora en versión revisada polo autor, confirma o seu posto de obra clásica da narrativa galega contemporánea. Fresco intemporal en que as épocas se funden e confunden nun quimérico Mar dos Espellos, trátase dunha obra en que o real e o irreal, o tanxible e o imaxinado teñen a mesma forma aos ollos da xente con problemas moi palpables e prácticos, mais cuxa vida sempre está a abeirar o mítico e o fabuloso, como en certas obras literarias medievais. Polo seu alento narrativo e o pulo da súa imaxinación, O Triángulo inscrito na Circunferencia é unha das creacións máis singulares da novelística galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 508
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 26/12/2018
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-298-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 43
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas

Autor/a

víctor

F. Freixanes, Víctor
Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica, pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición e, finalmente, á universidade. Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, presidente da Real Academia Galega. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato "A caza das cascudas". Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. En 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros, co que obtivo o Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia. En 2012 obtivo o 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR