Estás aquí:

Código: 1987

O soño da Galiza ideal

22,80  IVE INCLUIDO
Neste libro reúnense seis traballos, publicados en diversos volumes e revistas entre os anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración galega e o exilio de 1936 en América.
Algúns deles obedecen a vellas teimas do autor, como a comparanza da emigración galega coa irlandesa e a faceta como xornalista e político emigrante do escritor Eduardo Blanco Amor. Outros tratan da proxección transnacional de símbolos e mitos en Galiza e América, exemplificada pola figura de Rosalía de Castro e a súa recepción e mitificación entre os emigrantes. no resto analízanse asuntos coma a traslación do galeguismo ás colectividades galegas de alén mar a través, neste caso, da particular percepción que da súa experiencia trasterrada elaborou Castelao; inclúese tamén unha interpretación global do exilio galego de 1936-39, a súa dinámica e a súa peculiaridade dentro do exilio republicano español; e do exilio galego en Europa, menos coñecido mais non menos influente, e da súa interacción coa evolución da oposición antifranquista en Galiza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 280
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 31/05/2016
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Memoria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-706-7
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Núñez Seixas, Xosé Manuel
Xosé-M.-Núñez-Seixas-420x220

(Ourense, 1966) estudou Historia nas universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. É catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, e entre 2012 e 2017 foino na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. Forma parte do consello asesor e de redacción de diversas revistas ibéricas e internacionais, e dende 2018 é vicepresidente do Consello da Cultura Galega. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia cultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, cómpre salientar Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul  (Barcelona 2016; ed. alemá Münster 2016); Suspiros de España. El nacionalismo español, 1808-2018 (Barcelona 2018, Premio Nacional de Ensaio 2019; ed. alemá, Hamburgo, 2019); con E. Storm (ed.), Regionalism and Modern Europe: Identity Construction and Movements from 1890 to the Present Day  (Londres, 2019); Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria, 1945-2020 (Barcelona 2021, ed. inglesa Londres 2021), e mais  (ed.), The First World War and the Nationality Question in Europe (Leiden/Boston, 2020).

 

Foto autor ©Xoán A. Rey.

As súas obras

Imperios e danzas: As Españas plurais do Franquismo
9788491516316
22.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Memoria

A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
conquista
23.80€ CON IVE
A Galicia de Montevideo
galicia
23.80€ CON IVE
Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968
derby
22.95€ CON IVE
Álvaro de las Casas. Biografía e documentos
alavaro de casas
23.05€ CON IVE
Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado
antonio tovar
21.90€ CON IVE
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Ao abeiro da amizade Epistolario 1926-1976 OBRADOIRO.indd
28.30€ CON IVE
Artigos en La Nación
artigos na nacion
17.60€ CON IVE
As cartas do destino
cartas do destino
20.20€ CON IVE