O sexo masculino dos anxos

15,75€

mercar

O sexo masculino dos anxos

Manuel Janeiro

Nunha sociedade que vive os últimos anos da ditadura, no Madrid estudantil de principios dos setenta, comeza unha amizade que se alonga no tempo e na distancia.

Esta é a historia de dous amigos na xuventude e na madurez, tan diferentes como parecidos, tan complementarios como opostos que, rodeados por unha sociedade desilusionada e chea de oportunistas, semellan anxos inocentes ensimesmados nas emocións e no sentimento, onde amor e sexo, ilusión e fracaso ás veces se confunden na procura dun Amor Verdadeiro.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 248
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2013-12-12
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-513-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego
9788491514473O derradeiro libro de Emma OlsenBerta DávilaPablo Prado
9788491514589O país do porvirXoaquín Fernández Leiceaga
manuel-garcia-barros-estampas-desde-o-valEstampas desde o valManuel García Barros

janeiro

Janeiro, Manuel
Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial e o audiovisual foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos e autor, a partir dos seus propios guións, de dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos: Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004). Como poeta, publicou Primera edad (1977), Poemas sobreros (1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (IBBY, 2007) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos (Galaxia. Literaria, 2014) é a súa última obra en prosa. Unha novela coa que sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR