O padre Sarmiento, viaxeiro

Marcelino Agís Villaverde

O profesor e filósofo Marcelino Agís Villaverde ocúpase neste libro dun aspecto da biografía do Padre Sarmiento,

non por coñecida, suficientemente estudada, como son as súas viaxes dende a infancia pontevedresa, aos anos de formación en Madrid, Navarra e Salamanca, ata Asturias, León, Toledo…mais, sobre todo, as tres viaxes que o sabio ilustrado fixo á nos aterra en distintos momentos do século XVIII. Ao tempo, o libro achéganos a paisaxe ilustrada do seu tempo e como a obra e a vida de Sarmiento se insiren nunha das épocas máis interesantes da historia da cultura occidental.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 120
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 170 X 240
  • Data Publicación : 12/06/2018
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-179-3
  • Edición : 1
  • Nº na colección :
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

dezanove-badaladasDezanove badaladasAnxo A. Rei Ballesteros
a-casa-do-terrorA casa do terrorXoán Curiel
os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra

Autor/a

agis

Agís Villaverde, Marcelino
(Raxó - Pontevedra, 1963) é catedrático de Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e titor da UNED de Pontevedra. Foi director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social e vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC. Realizou estudos de Posgrado en París e Chicago con Pau Ricoeur e foi profesor visitante en varias universidades estranxeiras. Presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA), do Foro Galicia Milenio e da Sociedade Galega de Estudos Nipóns (SENI). Vicepresidente da Academia Xacoba, correspondnete da Academia das Ciencias de Lisboa (sección Letras) e fundador do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (SEL) (2010) e do SEL da Estrada (2012) En 2015 recibiu o Premio de ensaio "Manuel Murguía" da Deputación da Coruña e, en 2016, o de Investigación en Humanidades "Concepción Arenal", do Concello de Ferrrol e da Universidade da Coruña. Os seus libros e artigos científicos está traducidos a numerosas linguas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR