O ouro das lúas

Beatriz García Turnes

Tide séntese afortunada:

a súa señora, a sacerdotisa Ura, elixiuna para formar parte do séquito, que a acompañará nuha longa peregrinación ata o Templo do sol Nacente. Con todo, axiña descubrirá que os motivos que levaron a Ura a abandonar a súa terra pouco teñen que ver coa devoción aos deuses. Ás dificultades inherentes a calquera viaxe sumaranse os riscos que comportan a ambición, o poder e as intrigas dos templos e dos pazos.

Mentres os seus ollos exploran as novas terras, Tide internarase tamén nos vertixinosos camiños do amor, da morte, da decepción, da admiración e do crecemento persoal, O ouro das Lúas é unha viaxe onde o destino sobrevoa coma un paxaro de incerto agoiro e a lúa chega a confurndirse co sol para gardar dentro dela os máis luminosos segredos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 268
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 26/06/2018
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-186-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 103
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

palabra-de-bruxaPalabra de bruxaAndrea Barreira Freije
do-amado-amodoDo amado amodoManuel Outeiriño
o-ouro-das-luasO ouro das lúasBeatriz García Turnes

beatriz

García Turnes, Beatriz
Nacida en Santiago de Compostela en 1973, é licenciada en Filoloxía Galega. Ten colaborado en publicacións como Grial, Verba ou a Revista da UNED con traballos sobre socoiolingüística histórica. Como narradora de ficción deuse a coñecer moi nova ao ser premiada en dúas ocasións nos premios Minerva, convocados polo Colexio Manuel Peleteiro. A súa primeira novela foi Valdamor. É coautora dun Diccionaro gallego-castellano, castellano-gallego.

En 2009 publica en Galaxia Vida e obra de Ramón Piñeiro, escolma de textos e biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR