Estás aquí:

Código: 18574

O mundo de cores de Roque e Lía

16,50  IVE INCLUIDO

Roque e Lía, teñen un xogo secreto grazas ao cal, xunto cos seus amigos da clase, descubriron que hai moitas e diferentes formas de ser, estar, e, por suposto, 

de pintar as unllas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 36
Deseño: Rústica
Data Publicación: 15/02/2023
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección: Álbums
Nº na colección: 51
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-946-1
Observacións: Ilustracións de Nuria Díaz

AUTORES/AS

Suárez, Paula
Paula Suárez- Positivando

Viguesa de nacemento e desde o ano 2013 residente en Aldán.

Pedagoga, experta en intervención social desde o ano 1997. Perito xudicial e formadora nas áreas da educación e igualdade.

Desde os seus inicios profesionais estivo sempre vinculada ao terceiro sector e en intervención directa con persoas en situación de conflito ou exclusión social e participando en proxectos de educación familiar.

Directora de centros de protección de menores durante dúas décadas, no ano 2014 comeza a traballar por conta propia e crea o seu proxecto empresarial POSITIVANDO Gabinete psicopedagóxico na cidade de Vigo.

Nesta etapa van xurdindo novas colaboracións con distintas entidades sociais da comunidade galega que traballan na área da muller, violencia de xénero e colectivos con necesidades educativas especiais como TDAH, AACC, trastornos de conduta e dificultades de aprendizaxe. É coordinadora de formación da asociación TDAH Salnés, Delegada en Galicia da ECAI Balbalika e membro da comisión de coordinación e actividades de APCOPEGAL.

Se se ten que definir diría que aúna educación, empresa, feminismo, solidariedade, asociacionismo,  comunicación e formación. Coa pedagoxía sempre no centro a cal vai impregnando as súas aprendizaxes e dirixindo as súas metodoloxías de traballo, a súa voz e a súa escrita.

Suma como afección a radio, medio no que tivo ocasión de dirixir durante tres temporadas un programa propio de entrevistas en directo chamado De viva voz, onde o protagonismo o tiñan as persoas.

O mundo de cores de Roque e Lía é o seu acercamento á literatura infantil, o seu primeiro libro baixo a súa mirada pedagóxica froito da experiencia de un e miles de relatos e vidas compartidas coas familias e os nenos e nenas neste recorrido educativo, Roque e Lía suman moitas voces así como todas as persoaxes que os acompañan neste recorrido multicolor.

A continuación as súas redes sociais:

Fb: https://www.facebook.com/paula.suarez.313371/

LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/paulasuarezgul/

Instagram: https://www.instagram.com/pedagogia_positiva/

As súas obras

O mundo de cores de Roque e Lía
9788491519461
16.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Álbums

A caca cuca viaxa a U.K.
9788411760201
16.50€ CON IVE
Laura e a randeeira espacial
9788411760218
16.50€ CON IVE
Maruchi e o gancho
9788411760508
16.50€ CON IVE
Miña casiña, meu lar
9788411761369
15.90€ CON IVE
O mundo de cores de Roque e Lía
9788491519461
16.50€ CON IVE
Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey
9788411761871
16.95€ CON IVE
Vou!
9788411760102
16.50€ CON IVE
Xe
9788411761338
15.90€ CON IVE