Estás aquí:

Código: 2137

O frade das dúas almas

descatalogado

Recuperación dunha das novelas que ía publicar a Editorial Nós de Ánxel Casal, e finalmente quedou inédita debido á Guerra Civil.

A novela O frade das dúas almas, que publica Editorial Galaxia na colección Letras Galegas, ía ser editada por Ánxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República. Pódese dicir, collendo emprestadas as verbas de Manuel Rivas, que a novela de Xosé Tobío Mayo é, daquela, un dos libros que "ardeu mal". Despois de 73 anos, e grazas á iniciativa do poeta Víctor Campio Pereira, testamentario literario do autor, a novela ve a luz nunha coidada edición a cargo de Teresa López e Xoán López Viñas, profesores da Universidade da Coruña.

Xosé Tobío Mayo é, na historia da literatura galega, o autor de Espiñas (1941), poemario publicado en Buenos Aires con cuberta de Castelao. Á parte da súa personalidade literaria, hai que destacar en Xosé Tobío Mayo o compromiso social e político e unha traxectoria persoal que, máis aló do testemuño individual, representa a de moitos homes e mulleres da súa xeración, en certo sentido aínda pendente de ser integrada na nosa memoria colectiva.

En 1936, cando O frade das dúas almas está pronta para a publicación, o seu autor ten 45 anos, trátase logo dunha obra de madureza. A novela xéstase na Galiza dos anos trinta, na Galiza de Ánxel Casal, en cuxa editorial Nós estaba previsto que fose publicada. Trátase dunha novela de iniciación ou aprendizaxe na que se narra a infancia do protagonista, Leliño, e dos seus compañeiros de estudos, Mingos e Manuel. As probas a que son sometidos, a súa iniciación amorosa, a crise vital que se manifesta como crise de fe, son algúns dos fitos desa aprendizaxe. Na novela ten unha importancia especial a cultura popular, das cantigas á literatura oral, e elementos doutros xéneros que contribúen á diversificación do seu discurso narrativo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 226
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 30/07/2009
Dimensións 135 x 190 mm. mm.
Colección: Letras Galegas
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-210-9
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Tobío Mayo, Xosé
tobio

Xosé Tobío Mayo (Esteiro, Muros, 1891-1971) realizou estudos no Seminario de Santiago de Compostela, militou no republicanismo e exerceu o oficio de mestre no seu lugar natal, de onde tivo que fuxir en 1936 por mar a Bilbao. Logo veu o exilio iberoamericano, tras o paso por Francia, e o retorno á Galicia gobernada polo franquismo, onde exercerá de novo o maxisterio.

A produción escrita de Tobío Mayo inclúe Espiñas (Buenos Aires, 1941) e moitas colaboracións xornalísticas, en Arxentina e en Galicia. A novela O frade das dúas almas estaba preparada para a súa publicación na editorial Nós cando estourou a guerra, polo que quedou inédita. En 2009 este texto se publica por vez primeira na colección Letras Galegas de Galaxia.

As súas obras

O frade das dúas almas
frade
descatalogado

COLECCIÓN

Letras Galegas

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra
lobo
esgotado
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro
biog
12.50€ CON IVE
A vida de Ánxel Fole
a vida fole
11.00€ CON IVE
A vida de Eladio Rodríguez
foto
descatalogado
A vida de Manuel Murguía
foto
esgotado
A vida de Rafael Dieste
foto
descatalogado
A vida de Xesús Ferro Couselo
vida xesus ferro
9.80€ CON IVE
A vida do Padre Sarmiento
vida padre sarmiento
9.30€ CON IVE