Estás aquí:

Código: 667

O desenvolvemento comunitario local

21,95  IVE INCLUIDO
Un reto da sociedade civil. Elementos teóricos e metodolóxicos
Son os fondos cambios que leva experimentado a sociedade galega nas últimas décadas (perda de peso do mundo agrario, febleza das estruturas urbanas, procesos de integración económica e globalización cultural) os que determinan unha nova visión do local, entendido como ámbito posible para a iniciativa colectiva e as decisións anovadoras. Este libro, coordinado por Xan Bouzada, reúne traballos que pretenden achegar desde a teoría e a metodoloxía, pero sobre todo desde as experiencias, elementos de reflexión sobre unha idea que, como di o sociólogo bretón Paul Houée, aparece cargada de expectativas. Cóntanse iniciativas de desenvolvemente comunitario levadas a cabo en Bretaña, Cataluña, Portugal e Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 240
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/01/1999
Dimensións 13 x 20 cm. mm.
Colección: Agra aberta
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-251-2
Observacións:

AUTORES/AS

Bouzada, Xan
xan

Xan Bouzada Fernández (Lugo, 1951-Vigo, 2008). Doutor en Socioloxía, publicou varios libros sobre a materia da súa especialidade centrados na realidade galega, como Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, A situación socio-cultural dos concellos galegos e O desenvolvemento comunitario local. É autor tamén de Familia e comunidade. Xunto a Anxo M. Lorenzo Suárez escribiu Redes sociais e conxuntos de acción.

Incorporouse ao consello de redacción de GRIAL en 1989, na etapa que dirixiu Carlos Casares. Ao longo destes case vinte anos, participou activamente nos labores da revista con numerosas colaboracións, encargándose, ademais, da coordinación dos monográficos Os dilemas da acción cultural (número 130, 1996), Sobre a sociedade da cultura (149, 2001), Demografía galega, un devalo imparable? (162, 2004), Espazos da cultura (168, 2005). Nestes días distribuíuse o último número (177, 2008), onde coordinou a sección Desafíos da educación.

As súas obras

Redes sociais e conxuntos de acción
14.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Agra aberta

A xeración Galaxia
xeracion
esgotado
Galicia e a sociedade das nacións
galicia
14.10€ CON IVE
O desenvolvemento comunitario local
21.95€ CON IVE
Redes sociais e conxuntos de acción
14.10€ CON IVE