O canto da Sibila

12,50€

mercar

O canto da Sibila

Rebeca Baceiredo

Esta obra invoca a multivocidade agochada nunha subxectividade en transición: o eu da poeta camiña cara á multiplicación de si a través do silencio, con apelacións a unha enunciación que, intencionalmente, se desfai.

Facendo uso da lírica pagá e medieval mais guindando boias ás tradicións non occidentais, retómase a palabra non dita, a palabra non articulada, a palabra gutural, retida na gorxa das mulleres.
Entre os pasos pisados con solemnidade e forza, rachando a atmosfera postapocalíptica, a sibila anuncia unha lírica que foxe da clausura, abríndose ás fendas do eu.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 94
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 120 x 220
  • Data Publicación : 2016-10-11
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-725-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Autor/a

rebeca-baceiredo-1

Baceiredo, Rebeca
Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Ciencias da Comunicación (2001), doutora en Filosofía (2011) e cun Máster en museoloxía, arte e crítica contemporánea (2010). No eido do ensaio recibiu o Premio Ramón Piñeiro (2005) por O suxeito posmoderno e o Premio da AELG (2014) por A revolución non vai ser televisada. Tamén ten publicada poesía, O canto da sibila (2016), así como artigos xornalísticos e de investigación en prensa especializada.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR