O caderno de Rosalía

María Xesús Blanco

Rosalía é unha nena normal que fai cousas moi normais... ou non.

Rosalía ten unha vida extraordinaria chea de cousas extraordinarias… coma ti e coma min. Entra nas páxinas deste primeiro libro de María Xesús Blanco para os pequenos da casa. Dentro, vive unha nena da que non te vas esquecer nunca…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 120
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 13/02/2020
  • Colección : Árbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-443-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 234
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Autor/a

maria-xesus-blanco-lucia-puebla-blanco

Blanco, María Xesús
Naceu en Melide, nunha fermosa aldea chamada Cabanelas. Alí estivo cos seus pais e co seu irmán pequeno ara que foi á Universidade, onde estudou Maxisterio e Filosofía. Viviu na Coruña, Muxía e A Pobra do Caramiñal. Instalouse no concello de Ribeira hai máis de vinte anos, onde exerce como mestra no CEIP de Olveira, moi preto do mar de Corrubedo. Dende moi pequena tivo paixón pola literatura. Na casa había poucos libros, pero moitas ganas de ler, así que agradeceu ter a porta aberta a eses lugares marabillosos chamados bibliotecas, onde podes ler o que che pode, róuballe tempo ao sono para escribir versos e historias. Colabora habitualmente coa Asociación Cultural Barbantia e ten contos publicados no suplente A Voz de Barbantia de La Voz de Galicia e no blog Café Barbandia. Un relato seu, titulado "Naia", foi premiado no VIII concurso de contos Liceo de Noia. E o poema "Sempre é noite en Bagdad" no VII Certame Literario do Concello de Ames. O caderno de Rosalía é a súa primeira obra publicada en Editorial Galaxia. Foto de: Lucía Puebla Blanco


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR