baul wensel

8,90€

mercar

O baúl de Wensel

An Alfaya

A aventura de explorar nunha tenda na que non se permiten nenos nin curiosos.

Un día Max pérdese na vila na que veranea cos seus pais. Vén dar cunha estraña tenda de antigüidades cun dono aínda máis estraño, chamado Wensel. ¿Que se pode pensar dun sitio cun cartel que di Non se admiten nenos, nin animais, nin curiosos? Max consegue entrar sen ser visto e presencia unha enigmática conversa entre Wensel e un home alto e enxoito de nome Ulises. Finalmente os dous quedan durmidos e Max inicia unha exploración na que xa non sabe se é realidade ou soño o que vai descubrindo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 80
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 116 x 189
  • Data Publicación : 2000-05-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-360-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

soleandoSoleando10,30€

Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

an

Alfaya, An
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez (Vigo, 1964) ten unha sólida traxectoria como narradora dirixida ao público infantil. Co-fundadora do Teatro Avento de Vigo, obtivo diferentes premios de teatro infantil e publicou varias obras de teatro para nenos.

Entre as súas obras destacan: O maquinista Antón (1995), 1º Premio Mostra de Teatro Infantil "Xeración Nós"; O caderno azul (1996); ¡Sireno, Sireno! (1997), Premio Merlín 1997;O baúl de Wensel (Galaxia, 2000); A estrela volarina da torre colarina (2001); A encontadora (2003); A buguina namorada (2003); Desventura (2003), novela para adultos; Unha xanela para Cecilia (2005); Os seres con raíces na cara (Galaxia, 2006); A sombra descalza (2006), Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005 e Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil; e Illa Soidade (2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR