o armiño dorme

12,00€

mercar

O armiño dorme

Xosé Antonio Neira Cruz

Bia de Medici, filla ilexítima do duque de Florencia conta os últimos días da súa vida.

Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm
  • Data Publicación : 2011-02-23
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-612-1
  • Edición : 3

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas

Encontros cos lectores2007-02-14 10:30:00

Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Neira Cruz

Neira Cruz, Xosé Antonio
Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con 'O punto da escarola', e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR