Novelovento

Álvaro Cunqueiro

Emilio Rúa

Inclúe un CD con letras de Álvaro Cunqueiro e música de Emilio Rúa

Herba aquí e acolá é quizais o poemario máis logrado de Álvaro Cunqueiro, fusión de vangarda, neotraobadorismo, modernidade e existencialismo. Txto e música peneirados a través dos fíos tecidos por Emilio Rúa

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 40
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 135 x 244
  • Data Publicación : 27/02/2020
  • Colección : Varios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-446-6
  • Edición :
  • Nº na colección : 134
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Autor/a

alvaro-cunqueiro

Cunqueiro, Álvaro
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo. Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.

Autor/a

emilio-rua

Rúa, Emilio
natural do Concello de Riós, na provincia de Ourense, é un cantautor galego que leva trinta anos no mundo da música. De ben cativo, con tan só sete anos de idade, formou parte da orquestra familiar do seu pai, a chamada: Concorde Atenea. Foi no 2000, despois de moita dedicación as súas pezas, cando publicou o seu primeiro traballo discográfico, un proxecto homónimo con temas inéditos. Tras este éxito, comezou a colaborar con outros músicos como Ismael Serrano, Victor Manuel o Rozalén. Inda así, non vai ser ata a participación no concurso organizado na cidade de Murcia, coñecido como Muestra Nacional de Canción de Autor, cando alcance o total recoñecemento do público é obtiña o segundo premio por parte do xurado. Agora coa súa suave e potente voz, como describírona nos xornais e as múltiples entrevistas que lle fixeron, achégase a nós co libro Novelovento, unha proposta musical para dar vida aos poemas de Álvaro Cunqueiro.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR