pagos huinca

10,00€

mercar

Nos pagos de Huinca Loo

Xavier Alcalá

Unha novela ambientada nas duras terras patagónicas, protagonizada pola xeración dos fillos dos colonizadores nun tempo no que "o avanzar penoso das carretas fora substituído polo descaro veloz do ferro, o fume e o vapor".

Este é o libro co que Xavier Alcalá inicia o frutífero ciclo narrativo que o levará a converter as terras indómitas da Patagonia en grandioso escenario novelesco. En Huinca Loo, na pampa de bafo quente, entre pulperías, poeira, cabalos, chinas e guitarras, o fillo dun galego pioneiro na colonización daqueles inmensos desertos protagoniza unha peripecia vital marcada por difíciles dilemas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 284
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 1992-09-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-837-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

FábulaFábula17,00€
nosa cinzaA nosa cinza16,20€

Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

xavier

Alcalá, Xavier
(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR