No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1972-1981.

Álvaro Cunqueiro

Reúnense neste libro practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981, continuando así un volume anterior do mesmo título no que se reuniron os que o autor de Merlín e familia deu ao prelo entre os anos 1963 a 1971.

Artigos sobre poetas contemporáneos coma Ted Hughes, Carles Riba e Luís Pimentel, sobre narradores coma Franz Kafka e Rafael Dieste; recensións, notas eruditas e opinións literarias que confirman a idea dunha obra xornalística que é parte significativa da concepción literaria cunqueiriana. Non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro, o obradoiro do fabulador.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 392
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 10/09/2019
  • Colección : Biblioteca Álvaro Cunqueiro
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-391-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 13
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

Autor/a

alvaro-cunqueiro

Cunqueiro, Álvaro
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo. Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR