Na lingua que eu falo

20,70€

mercar

Na lingua que eu falo

Najla Shami

Najla Shami canta a Rosalía Castro

Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ás veces profundo. Sempre suxestivo. "Na lingua que eu falo" é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 32
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 135 x 245 mm
  • Data Publicación : 2013-07-30
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-485-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas

Najla Shami no Culturgal2013-12-01 18:30:00

Novidades

ela-sabe-a-solEla sabe a solNajla Shami
fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez

Foto Najla

Shami, Najla
Najla Shami naceu en Santiago de Compostela de pai palestino e nai galega. Dende moi pequena tivo moito interese pola música, afección que lle vén tamén de familia. Con nove anos empeza os seus estudos no Conservatorio de Ourense, centrándose na voz, a guitarra e o piano. Aos 17, e da man de Ramón Bermejo, entra a formar parte de ‘Fía na Roca’. Ao longo da súa formación, ten feito moitos cursos de improvisación musical en distintas partes do mundo, o que completa o seu traballo, nos directos, de versátil compositoria. Jazz, funk, batucada… nada escapa ao seu traballo e ao seu interese. Autora de varios traballos de éxito, ‘Na lingua que eu falo’ é a súa primeria colaboración coa Editorial Galaxia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR