Sale!

Mulleres que (nos) dan que pensar

África López Souto

Por fortuna, ao longo das últimas décadas vanse destapando nomes femininos nos que fixar a mirada e sobre os que resta moito por escudriñar.

Cómpre sacar á luz mulleres que foron agochadas, esquecidas, banalizadas. Pararnos a pensar con elas e sobre elas. Aprender das máis coñecidas, pero sobre todo das moitas próximas. Coñecer que existiu unha oceanógrafa como Ángeles Alvariño, a primeira almiranta, Sabela Barreto; a primeira farmacéutica galega, Manela Barreiro, as primeiras universitarias. A enumeración é longuísima e aínda será máis. Ampliala é unha forma de construír sororidade, de dar pasos sen ter que ser sempre pioneiras. Tamén seguidoras, seguidores. De moitas desas mulleres, fala este libro.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 392
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 29/11/2019
  • Colección : Feminismos
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-429-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 6
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Autor/a

africa-lopez-roberto-varela-urrutia

López Souto, África
áfrica lópez souto (A Coruña, 1966). Actualmente é profesora de Filosofía no IES Urbano Lugrís de A Coruña. Escribiu libros sobre Concepción Arenal (Baía, 2004) e Simone de Beauvoir (Baía, 2008). Tamén é autora da unidade didáctica sobre a película Concepción Arenal, a visitora de cárceres (Xunta de Galicia, 2014) e realizou a revisión temático-filosófica da tradución ao galego de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir (Xerais, 2008). Ademais, é autora de numerosos artigos filosóficos e recensións. Doutourouse en Filosofía no ano 1999 cunha tese titulada “O individuo na filosofía de Michel Foucault”. Por outra banda, durante anos dedicouse a traballos de cooperación para o desenvolvemento, tanto no exterior (en Bolivia) como en Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR