Mnemea

Xosé Duncan

Miña sombra, meu reflexo, miña dona

Esta é a historia dun libro que está por escribir, dunhas páxinas que se resisten a encherse de palabras. A obsesión de Lois Mourinho por rematalo lévao até os confíns da loucura, ao limiar da realidade onde Mnemea o agarda.

A sombra desa muller con recendo a primavera bísballe ao ouvido… Canto sacrificarías por acadar o éxito? Canta dor serías capaz de provocar con tal de cumprir os teus soños? Que é o realmente importante? Que perdurará de ti cando xa non esteas? É o momento de decidir se seguimos alimentando os nosos demos ou se rematamos con eles, para sempre.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 188
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 13/05/2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-330-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 389
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-221Grial 221 VV.AA.
estrelecerEstrelecerCarlos Labraña
9788491513308MnemeaXosé Duncan

Autor/a

xose-duncan-mar-otero

Duncan, Xosé
(Taragoña - Rianxo) achegouse por vez primeira ao mundo da escrita pola xanela que lle ofreceu o proxecto Contos Estaños. Aí colaborou con numerosos relatos desde 2012 até 2015 e publicou a triloxía de fantasía épica As crónicas de Bran. Tamén se achegou ao xénero de terror coa novela curta Hostal Norte e á distopía coa crítica social e política na futurista cidade de Negruña. Quedou finalista en 2016 na segunda edición do certame de Literatura Fantástica Antón Risco coa obra Os soños da Deusa Nai e do Deus Tolo. Na actualidade alterna o traballo como informático coa creación de máis literatura fantástica e a coordinación da revista Contos Estraños.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR