merlin familia

15,70€

mercar

Merlín e familia

Álvaro Cunqueiro

O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.

Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 144
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2015-03-19
  • Colección : Biblioteca Álvaro Cunqueiro
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-637-4
  • Edición : 4

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Autor/a

alvaro-cunqueiro

Cunqueiro, Álvaro
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo. Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR