memoria terra

10,50€

mercar

Memorias dunha terra

Xosé María Castroviejo

As lembranzas dun escritor xa maduro, que desde a altura dos anos evoca con melancolía, pero sen amargura, o tempo feliz da nenez e a primeira mocidade.

Este libro de memorias está elaborado con vellas vivencias que a literatura transforma nunha arte sinxela e gozosa, amable e tranquila, como o remanso apetecido despois de moitos anos de voltas e máis voltas. Escritas cunha prosa brillante e de gran plasticidade, lense con verdadeiro agrado.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 140
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1985-02-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-209-0
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

castroviejo

Castroviejo, Xosé María
Xornalista e escritor, naceu en Santiago en 1909 e morreu en Tirán en 1983. Cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras en Santiago. En 1933 embarcou ao Gran Sol, experiencia da que nacería o seu primeiro libro Mar del Sol, poemas de un diario de a bordo. En 1937 asume a dirección do xornal vigués El Pueblo Gallego. Foi membro das JONS, combateu na Guerra Civil no bando nacional e publicou textos panexíricos falanxistas en prosa e verso. Na década de 1940 tivo que deixar a dirección de El Pueblo Gallego por negarse a someterse ás directrices da censura franquista.

Cultivou a literatura en linguas castelá e galega, se ben se prodigou máis na primeira. Da súa obra en galego destacan Tempo de outono e outros poemas (1964) e Memorias dunha terra (1973), que tivo no momento da súa publicación unha excelente acollida dos lectores.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR