memorias

10,00€

mercar

Memorias dun neno labrego

Xosé Neira Vilas

Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporánea

O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo […]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros".

Con esta nova edición Editorial Galaxia inaugura a Biblioteca Neira Vilas.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2016-02-25
  • Colección : Biblioteca Neira Vilas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-343-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

A semana de Neira Vilas2011-03-18 10:22:24
Homenaxe a Neira Vilas2011-06-03 13:31:46
Un mural para Neira Vilas2012-03-27 10:32:07


Actividades relacionadas

Homenaxe a Neira Vilas2011-04-12 21:00:00

Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

neira vilas

Neira Vilas, Xosé
Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR