memoria derribos

15,90€

mercar

Memoria de derribos

Miguel Anxo Murado

Relatos que se van ensarillando a través do recordo dun Lugo feito de espazos situados entre a realidade e o soño.

Este libro está feito dun entramado de historias que transcorren no "Lugo estraño e fantasmal do alcalde López Wittgenstein", circunstancia imaxinaria coa que o autor alude a ese período desgraciadamente real e aínda próximo de destrución sistemática do pasado das nosas cidades. Ameazado pola ruína, o Lugo de Memoria de derribos é un espazo no que a marabilla ten a capacidade para sobrevivir a un programa de desfeita municipal. Con este libro singular Miguel Anxo Murado incorporouse á literatura galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 176
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1993-04-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-843-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-home-traveseiroO home traveseiroMartin MacDonagh
notas-compostelasNotas CompostelásAntonio Fraguas
9788491513278Romarías e SantuariosAntonio Fraguas

Autor/a

miguel-anxo-murado

Murado, Miguel Anxo
Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón. En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series. Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa. Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR