Matar o heroe

Adolfo Caamaño

PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018

Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura e o horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida e berro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e as peripecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz de sobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan un plan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territorio gobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, as noites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva.

Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 444
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 04/07/2019
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-352-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 392
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

Autor/a

adolfo-caamano

Caamaño, Adolfo
(Perdecanai, Barro, 1959) é poeta e marrador. Coa súa obra obtivo, entre outros premios, o Johán Carballeira de Poesía por Poemario irlandés (1999), o Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra pola novela Soberano como mellor novela de 2004, o María Mariño de Poesía con Elexía dos aléns (2007), o Concello do Valadouro de Novela Curta con Un vulto sospeitoso (2007), o Manuel Murguía de Narrativa Brece por A gueixa no bosque de bambú (2014) e o Modesto R. Figueiredo con Pinbal do Pombal (2015). Ademais de colaborar en varias obras colectivas, é autor das novelas O paxaro de mel (2006) e Cris Canalla (2009)


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR