mascarada

13,95€

mercar

Mascarada

Antón Risco

Un argumento sorprendente, protagonizado por unha nai, unha filla e as súas respectivas parellas nun escenario inhabitual.

Durante as súas vacacións, fóra da rutina cotiá, estes catro personaxes poñen en práctica unha especie de psicodrama co que intentan aclarar os conflitos que dificultan as súas relacións persoais. Comeza así un xogo do que ninguén sospeita as consecuencias.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 156
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 1995-10-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-013-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Antón Risco

Risco, Antón
Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo, 1998) viviu dende neno nun ambiente familiar moi vencellado á vida cultural galega. Despois de rematar os estudos de Filosofía e Letras obtivo unha praza de profesor de español en Francia e máis tarde nos Estados Unidos. De alí pasou a Canadá, onde exerceu a docencia durante moitos anos na Universidade de Laval, en Quebec. Froito desa dedicación universitaria foron os seus estudos sobre literatura fantástica e a súa moi citada tese de doutoramento sobre as estéticas de Valle-Inclán. Pero a figura de Antón Risco cobra unha especial relevancia na literatura galega pola súa obra de creación, na que destacan libros como Memorias dun emigrante (1987, Premio da Crítica Española), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio Galicia), Tres situacións elementais (1991), Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991) e Mascarada (1995). Con Os fillos do río foi finalista en 1997 do Premio Torrente Ballester que convoca a Deputación da Coruña. Coa novela O embrión, publicada en Galaxia, obtivo o premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol, no ano 2001, a título póstumo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR