Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego

Xosé Ricardo Losada

O poemario De catro a catro é un dos grandes enigmas da literatura galega case cen anos despois da súa publicación.

O seu autor, Manuel Antonio, que se converteu nun mito literario e nun símbolo da vangarda artística, tamén é un dos grandes misterios da cultura galega. Nesta biografía, Xosé Ricardo Losada intenta resolver os enigmas que envolven a figura do poeta nunha aura sublime e, ao tempo, revolucionaria. Por esa razón, investigar e narrar a vida de Manuel Antonio son a mesma cousa, porque só a través da literatura se pode chegar a descifrar unha vida literaria. Co pulso áxil e intuitivo do narrador e coa querenza rigorosa e insistente de quen pescuda ata esclarecer os feitos, o biófrafo consegue introducirse na vida, compartir as ansias e pesadumes, os sentimentos e as ideas, descubrir os logros e fracasos do poeta. Máis alá das múltiples máscaras e máis alá dos mitos, destas páxinas xorde un Manuel Antonio vivo e real, o fillo e o mariñeiro, o aventureiro e o lacazán, o poeta e o ser humano xuntos, sen mistificacións.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 224
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 22/02/2018
  • Colección : Memoria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-162-5
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 41
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

os-ollos-do-tangaleironOs ollos do TangaleirónXosé Antonio Neira Cruz
pantallasPantallasCelia Parra
iridiumIRIDIUMFrancisco Castro

Autor/a

2-xose-ricardo-losada-tonio-figueira-losada

Losada, Xosé Ricardo
(Rianxo, 1961) é profesor de Filosofía no Instituto Félix Muriel de Rianxo. En 2005, publicou o libro de relatos O xene da chuvia. Tamén é autor de Dez anos de poesía. Premio Faustino Rey Romero (2008) e de Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica (2013) libro sobre a obra completa do crego poeta. Resultado deses traballos de investigación, publica a biografía Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (2015). A súa primeira novela, Bótame deste mar fóra, saíu á luz en 2017.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR