Maelström, Maelström

11,20€

mercar

Maelström, Maelström

Manuel Sánchez Gálvez

E se o Capitán Nemo estivese a vagar por Vigo dende o afundimento do Nautilus?

E se levase 150 anos atrapado na cidade por unha maldición da que non é quen de escapar? E se a súa historia se cruzace coa dunha muller dos nosos días e a súa filla de seis anos? Nesta súa primeira novela, Manuel Sánchez Gálvez revélase como un autor na procura dunha narrativa de aventuras que nos leva de viaxe polos universos de Verne e de Nemo, mais tamén polas dificultaces que unha muller moderna e triunfadora no mundo empresarial pode atopar cando o seu mundo, que cría seguro, se esboroa. Unha novela engaiolante.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 100
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2016-06-28
  • Colección : Costa Oeste
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-721-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva

Foto Manjel Sánchez Gálvez

Sánchez Gálvez, Manuel
(Granada 1974) é enxeñeiro industrial e vive en Vigo dende o ano 2000. Iniciouse na escrita no ano 2014. A súa participación en diversos obradoiros literarios animouno a escribir en lingua galega. Publicou relatos en galego e castelán en varias antoloxías. Ademais, en 2015 acadou o Primeiro Premio no XIII Certame da Lonxa Literaria de Moaña e foi finalista do Concurso de Novela por Entregas de La Voz de Galicia cunha historia que finalmente se converteu neste Maelström, Maelström, a súa primeira novela, que reborda paixón pola cidade que tan ben o acolleu


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR