foto

19,20€

Non dispoñible

Madeira de mar. Apuntes sobre a gamela

Iñigo Echenique

Un libro singular froito de varios anos de investigación arredor dunha embarcación típica do sur de Galicia: a gamela.

Velaquí un libro singular que se nos presenta como un estudio igual de ameno que fundado. Xúntanse na persoa do autor os coñecementos técnicos dun enxeñeiro naval co amor polo mundo da navegación dun home crecido na beiramar. Neste libro abórdase tanto a historia da gamela como os seus usos —do pasado e actuais— e os diferentes tipos existentes. É o mesmo autor quen confecciona toda unha serie de planos e ilustracións en cor que, ademais de facilitaren unha información moi útil tanto para afeccionados como especialistas, confiren un aspecto elegante a esta publicación de capa dura que nos trae á vista unha faceta particular da Galicia atlántica.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 116
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 177 x 217
  • Data Publicación : 2000-12-01
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-378-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Iñigo Echenique

Echenique, Iñigo
Naceu en 1957 en Vigo. É un apaixoado do mar e do que con el se relaciona. Navegante a vela e mergullador afeccionado, traballa como enxeñeiro naval proxectando barcos de moi diferentes tipos, desde buques escola ao primeiro Copa América español que regateou en augas de San Diego. Algúns dos seus deseños representaron o nome de Galicia. Tal é o caso do veleiro da clase 3/4 que gañou en 1993 e 1994 os campionatos do mundo como Galicia Calidade e Xacobeo ou da traiñeira coa que os remadores de Tirán se clasificaron en primeiro lugar no campionato de España de 1997.    

Sentindo curiosidade polos asuntos máis diversos, investigou con entusiasmo desde a hidrodinámica das aletas dos golfiños ao significado dun petroglifo de hai tres mil cincocentos anos. Entre 1985 e 1990 publicou numerosos artigos relacionados cos barcos de vela. Madeira de mar é o seu primeiro libro do que, ademais, realizou as ilustracións e os debuxos.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR