Sale!

Luzbell. O demo bombilla

Xosé Tomás

Diego Rosales

No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzell, o demo bombilla.

Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución aos humanos… Se lle deixan!!!

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 68
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 295x210
  • Data Publicación : 22/11/2019
  • Colección : Novela gráfica
  • Editorial : Editorial Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-419-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 4
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Autor/a

xose-tomas

Xosé Tomás,
Xosé Tomás ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento "Xatentendo.com" de "La Voz de Galicia" e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a revista "Plis-Plas" (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de "Golfiño", realizando pasatempos e a serie "Luzbell". Conduciu diferentes obradoiros sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene. Para a nosa editorial ten ilustrado libros como Flis-fli-ris-flás de Araceli Gonda ou Vou ter un irmán! de María Solar.

Autor/a

diego-rosales

Rosales, Diego
Escritor e guionista de cómics dende os anos 90. En 2013 funda Rosetta Studio para crear cómics en galego para as páxinas dominicais dos periódicos galegos —La Región, Atlántico Diario, Diario de Pontevedra, El Progreso e El Correo Galego— coa intención de que autores galegos, españois e internacionais acheguen o seu talento na creación de historias orixinais ambientadas e producidas en e para Galicia. Dende entón creánse máis de catorce series, como Roberto Rosetta, Breogán, Martín Moral, A Camada da Terra, As novas aventuras de Buffalo Bill, etc, con autores como Xosé Tomás, Abraldes, Esteban Maroto, Alex Saviuk, Pat Broderick e Stephen Scott, entre outros. Actualmente traballa nunha adaptación de Drácula co artista arxentino Gonzalo Ruggieri.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR