lugris biografia

Non dispoñible

Non dispoñible

Lugrís Freire, unha biografía

Xabier Campos Villar

Manuel Lugrís Freire

Lugrís Freire é o homenaxeado nas Letras galegas 2006. Editorial Galaxia edita unha biografía divulgativa na súa colección de Letras Galegas, escrita por Xabier Campos Villar.

Manuel Lugrís Freire (Sada 1863- A Coruña 1940) é autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía con títulos como Soeidades, Noitebras, Versos da loita, Ardencias e As mariñas de Sada e o teatro con pezas como A costureira da aldeia, A ponte, Minia, Mareiras, Esclavitú. En narrativa O penedo do crime e Contos de Asiedumedre.

Ademáis de fundador e Presidente da Real Academia Galega é iniciador da oratoria polítca en galego, foi autor da primeira gramática do idioma escrita en lingua galega.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 192
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 19 cm.
  • Data Publicación : 2006-03-02
  • Colección : Letras Galegas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-901-6
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

campos villar

Campos Villar, Xabier
Naceu en Ralo, Rois, en 1973. Estudou profesorado de EXB e Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago, na que se graduou cunha Tese de Licenciatura sobre a narrativa de Lugrís Freire, traballo que serviu de base para a publicación de A obra narrativa de Manuel Lugrís Freire no ano 2000. Ademáis desta obra é autor de artigos sobre diversos aspectos da vida e da obra lugrisiana.

lugrís

Lugrís Freire, Manuel
Viviu entre 1863 e 1940, setenta e sete anos dunha vida a cabalo, entre dous séculos fundamentais para a nosa historia e partircularmente para a nosa literatura.
Autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía con títulos como Soidades, Noitebras, Versos de loita e Ardencías; o teatro con pezas como A costureira d'aldea, Esclavitú, O pazo e Estadeliña; e a narrativa coa novela curta O penedo do crime e os seus Contos de Asiedumedre.

É o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2006.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR