Luar no inferno

Miguel Anxo Fernández

Un novo caso do detective Frank Soutelo.

Logo do éxito de Un nicho para Marilyn, Frank Soutelo, detective californiano de pais galegos, volve en Luar no inferno aos ambientes cinematográficos para tentar descubrir unha trama negra na que se mesturan os magnates de Hollywood, o tráfico de mulleres na fronteira mexicana e as snuff movies, películas ilegais realizadas con violencia real. Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) aborda con orixinalidade o xénero policial para recrear, con humor e ironía, o mundo das películas de detectives e a súa engaioladora e apaixonante maneira de contar historias.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 242
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 140 x 210 cm
  • Data Publicación : 2006-10-17
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-928-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

Autor/a

miguelanxo

Fernández, Miguel Anxo
O Carballiño, 1955. Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual. Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014) e Un dente sen cadáver (2016).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR