latitude austral

10,00€

mercar

Latitude Austral

Xavier Alcalá

Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que consistiu a conquista de América.

Desde o subtrópico ás illas veciñas da Antártida, e durante as décadas da chamada conquista interior dun dos grandes países iberoamericanos, un conxunto de crioulos descendentes de galegos e mais de galegos forzados á aventura viven, sofren, aman e odian. Unha novela estruturada en seis relatos encadeados que rematan no mesmo instante.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 1992-09-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-808-5
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo

FábulaFábula17,00€
nosa cinzaA nosa cinza16,20€

Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

xavier

Alcalá, Xavier
(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións amais de colaborar na prensa, actualmente cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996, reeditada en Galaxia no 2010) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. O seu último proxecto narrativo foi a publicación da triloxía "Evanxélica memoria", na que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR