Lar - Nai - Pan

19,70€

mercar

Lar, Nai, Pan

Xosé Neira Vilas

Tres breves libros nun só volume

Publicáronse por primeira vez respectivamente en 1973, 1980 e 1986. Máis, coma se fosen escritos nunha xeira continuada, existe neles o mesmo ton poético, a mesma síntese, o mesmo afán evocador da infancia, da adolescencia, do tempo ido. Estas páxinas chámannos a reflexión, á nostalxia arredor dalgúns aconteceres e duns escenarios que son a un tempo íntimos, persoais e de todos, o múltiple devir da sociedade galega nos seus sentimentos, dores e esperanzas. Todo aquí é vello e novo ao mesmo tempo, pasado e presente, cavilación e vibrante latexo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 224
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2014-11-26
  • Colección : Biblioteca Neira Vilas
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-568-1
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-da-vella-libreriaO segredo da vella libreríaXabier López López
amor-por-catroAmor por catroHelena Villar Janeiro
de-gres-a-cadizDe Gres a CádizXosé Neira Vilas

neira vilas

Neira Vilas, Xosé
Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR