vino

20,90€

mercar

In vino veritas

Francisco Castro

Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.

A novela desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os ocultos círculos do sadomasoquismo. O detective Xulio Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, na que os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos.

Segundo Francisco Castro, In vino veritas é unha novela furiosa. Parodia de novela policial, deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación actuais e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida. Trátase dun texto acedo, no que o autor de 'Xeración perdida' profunda no seu estilo tan característico que xa lle coñecemos doutras obras, intervindo na historia para reflexionar sobre a realidade e as súas miserias.

Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social, eses que hai tempo que traspasaron as televisións, a clase política e a hipocrisía global. Por iso é unha novela furiosa.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 388
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-06-30
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-379-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Presentouse IN VINO VERITAS2011-11-29 09:40:28
Actos de Galaxia no Festigal2012-03-27 10:32:07


Actividades relacionadas

FESTIGAL 20112011-07-25 16:30:00
Sinatura de Francisco Castro2011-07-27 20:00:00
IN VINO VERITAS en Rianxo2011-10-28 20:30:00

Novidades

a-fita-azulA fita azulMon G. Buhigas
os-amorodos-de-bergmanOs amorodos de BergmanFernando Redondo Neira

Autor/a

fran

Castro, Francisco
Francisco Castro (Vigo, 1966) director xeral da Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10', obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.  


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR