Identidade e afectos patrios

Ramón Villares

Os ensaios reunidos neste libro teñen un elo común, que é indagar sobre o proceso de creación e bloqueo da identidade galega e a formación dunha narrativa de Galicia como nación cultural.

O obxectivo é descubrir valores, prácticas e símbolos que cohesionan unha comunidade, de modo que importan menos os feitos históricos e máis os procesos de construción deses símbolos e valores, nos que se advirten ademais momentos de mutación, de resignificación e dunha funcionalidade cambiante. A construción dese repertorio simbólico foi obra, en xeral, de estados-nación que “nacionalizaron” a súa poboación mdiante a escola, o exército, os conflictos territoriais e, ás veces, a relixión. A orixinalidade do caso galego está en que monumentos, festas patrióticas e lugares de memoria foron promovidos por grupos minoritarios que tiveron un apoio esencial das colectivdades de emigrantes en América. Heroes como Pardo de Cela, mártires como os de Carral, líderes ou  “traidores” como Xelmírez, bardos como Pondal, referentes próximos e distantes como Portugal ou himno e bandeira son fitos que van marcando o territorio desa identidade construída sobre herdanzas do pasado, como unha “comunidade imaxinaria” proxectada cara ao futuro.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 356
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 17/11/2017
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-082-6
  • Edición : 1ª ed.
  • Nº na colección : 86
  • Observacións : 1ª impr.

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

Ramón Villares

Villares, Ramón
Ramón Villares Paz (Xermade, 1951) é un dos historiadores galegos con maior prestixio e cunha obra de recoñecida solvencia na que destaca Foros, frades e fidalgos (1982), coa que obtivo o Premio da Crítica Galicia na modalidade de ensaio, Desamortización e réxime de propiedade (1994) e o ensaio Figuras da nación. Tamén cómpre salientar a súa faceta de divulgador da Historia de Galicia, singularmente cos seus libros A Historia e Historia de Galicia, nos que ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega e que tivo unha enorme repercusión entre os lectores do país.

Actualmente é Presidente do Consello da Cultura Galega.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR