historias invisibles bico

7,50€

mercar

Historia invisible do bico Simón

Dolores Ruiz

A viaxe dun bico de amor na procura duns beizos nos que pousar.

Simón non é un bico calquera. Un día emprende un voo na procura duns labios. Ese é o destino soñado. Porque Simón é un bico de amor. Si, é fermoso ser un bico de amor. Pero non é doado. Porque case nunca é doado atopar o amor verdadeiro. Cara a esa meta desexada bate coa pena Macarena, coas dúbidas Lalalalá, coa trola Vanesa ou con… psss psss psss… o peido Beatriz. Con tanto atranco, será posible que Simón acade o seu obxectivo?

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 88
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 2004-03-01
  • Colección : Árbore a partir de 10 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-692-3
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

dolores

Ruiz, Dolores
Dolores Ruiz Gestoso (Vigo, 1968) é licenciada en filoloxía hispánica e compaxina a preparación da súa tese de doutoramento sobre a poesía de Gloria Fuertes(ano 2005) coa produción literaria e co seu primeiro traballo de guionista.

É autora do libro de relatos en castelán Canora (Premio Deputación de Badaxoz 2001). Como escritora de literatura infantil publicou A lenda do capitán Miñoca, coa que obtivo o Premio Barco de Vapor no ano 1999 e Historia invisible do bico Simón (2004) publicado con Galaxia.

Tamén pertence ao grupo de Creación Literaria A Depuradora formado en Vigo por artístas de varias disciplinas.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR