caliz

20,50€

mercar

Harry Potter e o Cáliz de fogo

J. K. Rowling

Continúan en galego as aventuras de Harry Potter. Desta volta, en novembro do 2005, Editorial Galaxia publica Harry Potter e o Cáliz de fogo, máis de 600 páxinas de misterio e fantasía.

Esta novela de J. K. Rowling conta como Harry devece por rematar as vacacións do verán para comezar o cuarto curso na escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Xusto nese momento convídano a asistir á Copa do Mundo de Quidditch e as cousas comezan a complicarse.

A maga "Rowling" sabe apaixonar os lectores e lectoras ao tempo que esperta o seu interese cunha historia que recolle gran parte do herdo da literatura, esa longa tradición que comeza nos contos populares e que, pasando polos orfos de Dickens, chega ata o mundo mítico de Tolkien e a rebordante fantasía de Roald Dahl. Nesta aventura Harry vai empezar o cuarto curso na escola de Maxia; o verán estáselle a facer eterno, non só porque estraña os seus mellores amigos, Ron e Hermione, se non tamén polo moito que lle tarda escaparlles aos insoprtables dos Dursley. Por iso tolea de alegría cando lle din que os últimos días das vacacións os ha pasar na casa de Ron para asistir á Copa do Mundo de Quidditch. Mais seica a Harry nunca lle deixan de saír os problemas ao camiño. E desta volta parece que son máis graves ca nunca …

Editorial Galaxia publicou anteriormente en galego os tres primeiros títulos da serie: Harry Potter e a pedra filosofal, Harry Potter e a cámara dos segredos e Harry Potter e o preso de Azkaban.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 640
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2005-11-09
  • Colección : Harry Potter
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-819-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Harry Potter en galego2008-04-07 12:53:43


Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

rowling

Rowling, J. K.
Joanne Kathleen Rowling (31 de xullo de 1965) é a autora británica da historia fantástica de Harry Potter, o neno mago e orfo.

Nació en Chipping Sodburry, South Gloucestershire.

O seu editor, Bloomsbury, quixo que ela utilizara as súas iniciais na portada dos libros de Harry Potter, indicando que un nombre feminino na portada atraería menos o interese dos nenos, polo que decidiu utilizar o nome da súa avoa "Kathleen".

En febrero de 2004, a revista Forbes indicaba que a fortuna de Rowling ascendía a 576 millones de libras esterlinas, convertíndose na primeira persona que se fixo millonaria escribindo libros.
É a muller máis rica do Reino Unido, e moito máis rica ca Raiña Isabel II.

A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR