harry

24,70€

mercar

Harry Potter e as reliquias da morte

J. K. Rowling

Nesta final e sétima entrega da serie de Harry Potter, J. K. Rowling desvela dunha forma espectacular as respostas ás moitas preguntas que tanto tempo se levan esperando coñecer. Unha narración fascinante, ricamente tecida e cun ritmo trepidante, dunha autora que é mestra do relato, cuxos libros serán lidos, relidos e se han volver a ler.

A Harry encoméndanlle unha tarefa perigosa e aparentemente imposible: atopar e acabar cos Horcrux que faltan por destruír. Nunca tan só se vira nin se enfrontara a unha misión tan chea de sombras ameazantes. Mais deberá encontrar dentro de si a forza necesaria para levar a cabo o que lle foi encomendado. Ten que abandonar a compañía, a calor e a seguridade do Tobo e emprender sen medo nin vacilación o camiño inexorable que ten por diante.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 632
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2008-02-21
  • Colección : Harry Potter
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-050-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas

Harry Potter en galego2008-11-11 09:42:05


Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

rowling

Rowling, J. K.
Joanne Kathleen Rowling (31 de xullo de 1965) é a autora británica da historia fantástica de Harry Potter, o neno mago e orfo.

Nació en Chipping Sodburry, South Gloucestershire.

O seu editor, Bloomsbury, quixo que ela utilizara as súas iniciais na portada dos libros de Harry Potter, indicando que un nombre feminino na portada atraería menos o interese dos nenos, polo que decidiu utilizar o nome da súa avoa "Kathleen".

En febrero de 2004, a revista Forbes indicaba que a fortuna de Rowling ascendía a 576 millones de libras esterlinas, convertíndose na primeira persona que se fixo millonaria escribindo libros.
É a muller máis rica do Reino Unido, e moito máis rica ca Raiña Isabel II.

A escritora obtivo o Premio Príncipe de Asturias da Concordia no ano 2003.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR