hamlet

22,80€

mercar

Hamlet

William Shakespeare

A traxedia máis universal de Shakespeare, fonte de centos de interpretacións.

O dramaturgo británico é hoxendía considerado unha das figuras indiscutibles da iteratura de todos os tempos, e o seu Hamlet un dos personaxes literarios máis admirados, estudiados e controvertidos. Outra volta á vinganza na que se mesturan a sordidez e a gloria, e na que a dúbida sobre as razóns que xustifican as súas accións asoma tanto na mente do príncipe de Dinamarca como dos seus centos de millóns de lectores.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 366
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 136 x 210
  • Data Publicación : 1993-08-01
  • Colección : Clásicos en galego
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-453-0743-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

shakespeare

Shakespeare, William
Naceu en Stratford–Avon (Inglaterra) na primavera do ano 1564.
Aínda que non se teñen moitos datos de súa infancia, sábese que foi o terceiro de oito irmáns e o primero fillo varón de John Shakespeare e Mary Arden.

Os datos sobre a súa adolescencia tamén son escasos. Creése que estudou nun colexio da súa localidade e que, a pesar de que tería que ter sucedido ao seu pai no negocio, tivo que porse traballar como aprendiz de carniceiro, pola difícil situación económica que atravesaba a súa familia.

No ano 1582 casa con Anne Hathaway. Cinco anos máis tarde establécese en Londres e logo de probar en diferentes oficios decide ser actor. Durante a difícil situación política que atravesaba Inglaterra nese momento, Shakespeare continúa coa súa profesión, discute nas tabernas, observa e soña.

En 1593 escribe os seus dous primeros poemas eróticos, Venus e Adonis, ao que segue O Rapto de Lucrecia. Pero, ademáis desta temática propia da época, tamén son célebres as súas obras de corte renacentista (Ricardo III ou Enrique IV) e as súas producións burlescas (A Fera Domada, O Conde Lucanor, O Soño dunha Noite de Verán", etc.).

A última etapa da súa produción estivo marcada polo drama e o mundo clásico. Dentro destas dúas temáticas, destacan títulos como Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth ou A Tempestade.

Cando o escritor xa tiña producidas 38 obras e amasada unha boa fortuna decidiu voltar a Stratford-Avon, a súa ciudad natal. Alí morreu o 23 de abril de 1616.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR