Estás aquí:

Código: 1321

Materiais do libro

Grial 218 A costa do solpor europea

Grial 218

12,00  IVE INCLUIDO
No V centenario da Reforma protestante, 1517-2017
GRIAL, 218 No V centenario da Reforma protestante. GRIAL  aborda neste número 218 a conmemoración dun feito histórico que marcou a cultura de Occidente, o seu desenvolvemento político, cultural, económico e espiritual: a fixación nas portas da igrexa do pazo de Wittenberg, en Alemaña, das 95 teses que o monxe agostiño Martiño Lutero redactou contra o tráfico de idulxencias e a prol dunha reforma profunda da Igrexa de Roma, principio do que hoxe coñecemos como a Reforma Protestante. Van cincocentos anos daqueles feitos (1517-2017). A Reforma Protestante, coa conseguinte ruptura entre a autoridade do Vaticano e as novas igrexas que inician camiño propio no norte de Europa, en Alemaña, nos Países Baixos, etc., é moito máis ca unha confrontación teolóxica, mesmo tendo fundamento na teoloxía; a Reforma significou un novo tempo e unha nova visión do mundo con extraordinarias repercusións na economía (a aparición de novas formas de capitalismo, tal que estudou Max Weber), unha nova relación co libro (Gutenberg) e o acceso ao coñecemento (a través da lectura directa da Biblia e a alfabetización masiva das familias), horizontes novos para a política, na medida en que centra no individuo (no ser humano) as capacidade de decisión e administración, unha nova esperitualidade, etc… Nas páxinas de GRIAL, que xa abordou a cuestión, a xeito de adianto, nun ensaio do profesor Barreiro Rivas no número 218,convocamos a varios especialistas, historiadores, profesores de teoloxía, sociólogos da cultura, para abordar un feito que, como dixemos, marcou decisivamente a historia occidental: Pegerto Saavedra, Benito Méndez, Alfonso Novo, Xulio Valcárcel… Como tema complementario: a emigración a través de dúas experiencias que están de actualidade. Xoán Anllo, ensaista e viaxeiro, aborda o asociacionismo da emigración galega en Europa a través da asociación “A Nosa Galiza”. Cumpríronse  40 anos dende a súa fundación, avivada por movementos de esquerda democrática na década dos 60. O historiador Hugo José Rodino, pola sua banda, salienta o patrimonio doutra institución histórica, arestora en proceso de crise, o Centro Galego de Buenos Aires (1879). Rodino fai un reconto miúdo dos tesouros documentais e artísticos da institución, primeira referencia dos galegos na Arxentina, á espera nestes intres de posicionamentos decididos para a sua conservación. Jorge Mira e Daniel Soutullo tratan cuestión de carácter científico e histórico: a cuestión horaria das fisterras atlénticas respecto do eixo solar, e a chamada “gripe española” cen anos despois. Ademais doutros temas e das sección fixas da publicación, que se recollen no Sumario, o numero 218 de GRIAL remata cun ensaio do editor Carlos Lema: “A contrafío das mulleres”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm.
Colección: Grial
Nº na colección: 218
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 183
grial
12.00€ CON IVE