Grial 209

VV.AA.

Nova política?

O número 209 de GRIAL titúlase "Nova política?": con esa interrogante exprésase que na vertixe dos tempos que estamos a vivir, non só en Galicia, no mundo enteiro, formular certezas semella unha temeridade. O debate vénse presentando en termos bipolares: tempos vellos versus tempos novos, conflito xeracional, vellas e novas formas, vellas e novas ideas… Pero verdadeiramente podemos dicir que o que estamos a ver é realmente novo, algo que nunca antes sucedese? Que é o que está a acontecer? Os cinco ensaios que versan sobre o tema proposto —dos galegos Xaime Subiela e Grial Parga, o catalán Joan Subirats, o portugués Rui Tavares e o grego Iannis Varoufakis—, propoñen cadansúa reflexión cunha ollada aberta verbo dalgúns problemas que arestora nos conmocionan.
No ensaio que abre este monográfico, Xaime Subiela cita a Giovanni Sartori: "O que a democracia é non pode ser separado do que a democracia debería ser". Este concepto do ideal, nunca totalmente acadado, define a grandeza e mesmo as limitacións da propia idea de democracia, e fai que cada xeración vaia construíndo (e criticando) a realidade da mesma, incluso a súa viabilidade, en función das súas experiencias e das súas expectativas. En termos dialécticos, a democracia é algo que se conquista todos os días e, xa que logo, algo que pode degradarse tamén todos os días. Porque, no fondo, sobre o que on ensaios deste número de GRIAL tratan é sobre as ameazas que se cernen sobre a democracia, os desafíos que supoñen esas ameazas e as posibilidades de responder a tales ameazas e desafíos con discursos, prácticas e proxectos políticos en estado de emerxencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 152
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 185 x 270
  • Data Publicación : 2016-05-05
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

a-tua-historiaA túa historiaKathryn StrobelVanesa Álvarez
a-revolucion-verticalA revolución verticalNgũgĩ wa Thiong’o
do-tempo-e-dos-astrosDo tempo e dos astrosAntonio Fraguas

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR