Grial 207

VV.AA.

GRIAl dedica o seu número 207 á memoria dun dos seus fundadores, Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915-Vigo, 2012), fundador tamén de Editorial Galaxia en 1950, xunto con Francisco Fernández del Riego.

Un número homenaxe a quen foi un dos máis ambiciosos e xenerosos estrategos do grupo que conformou a plataforma cultural de resistencia máis significativa durante a ditadura, e sementou a esperanza en varias xeracións.
A figura de Isla Couto é evocada por personalidades de distinta formación e diferentes idades, todas elas relacionadas dun xeito ou doutro coa súa obra ou coa súa persoa: mozos e mozas que pasaron polas súas aulas na Escola de Peritos de Vigo, onde exerceu durante anos a cátedra de economía (Antón Costa Comesaña), ou que iniciaron parte da súa actividade profesional en proxectos como a Revista de Economía de Galicia (Xosé Manuel Beiras), sen dúbida unha das empresas máis adiantadas no seu momento, ou nos despachos profesionais (Xosé Luis Franco Grande). Rapaces e rapazas que se iniciaron no galeguismo nos faladoiros da Fundación Penzol (Xavier Martínez Cobas, Xosé Luis Pastoriza, Marcelino Agis Villaverde, Alba Iglesias Varela) e que hoxe son profesionais cualificados na economçia, a filosofía ou a socioloxía. Compañeiros nas tarefas de galeguización da liturxia (Francisco Domínguez) mesmo dende antes do Concilio Vaticano Segundo…
A personalidade de Isla Courto é rica, xenerosa, aberta e entusiasta. Velaí as súas principias cualidades. Da súa man naceron en Galaxia proxectos tan adiantazos no seu tempo como a citada Revista de Economía de Galicia (1958-1968), coleccións de economía e socioloxía, plataformas para a promoción de novos creadorees (a colección Illa Nova) ou mesmo proxectos coma as primeiras producións discográficas de temas de éxito internacional en colaboración coa editora catalana Edigsa, entre eles "Venceremos nós", traducido ao galego no ano 1967 por Xosé Luis Franco Grande e Xosé Manuel Beiras, que axiña se convertiría nun himno de reivindicación das loitas democráticas da universidade galega naqueles anos.
O número coincide coa recente publicación da fotografía que preparou Xosé Luis Pastoriza (Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia), e inclúe, ademais dos ensaios asinados polos autores que citamos, unha conversa ata agora inédita que en 1992 mantivo co intelectual galeguista Damián Villalaín, e dous textos inéditos ou pouco coñecidos que reflicten o pensamento de Xaime Isla en distintas etapas da súa vida: as crónicas que en 1936 un rapaz de 21 anos enviaba a EL Pueblo Gallego, relatando unha experiencia do Seminario de Estudos Galegos percorrendo a Costa da Morte; e un ensaio, elaborado a xeito de entrevista, que non chegou a publicarse nos anos 60 na revista catalana Promos, porque o impediu a censura.
Un número especial, elaborado con admiración e cariño, para saber dun dos personaxes acaso menos coñecidos do que jhistoricamente denominamos o "grupo Galaxia", capítulo fundamental na recuperación da cultura galega na segunda metade do pasado século XX.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 152
  • Deseño : R
  • Dimensións : 185 x 270
  • Data Publicación : 2015-10-28
  • Colección : Grial
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN :
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR