Estás aquí:

Código: 1299

Grial 196

12,00  IVE INCLUIDO
Carlos Casares nun país de palabras
Dende un país de palabras.
A revista GRIAL dedica o seu último número a Carlos Casares.
Foi director de GRIAL entre 1989 e 2002. Foi director xeral de Galaxia. Compañeiro e amigo. Mais tamén unha das figuras fundamentais das letras galegas contemporáneas. Cando se cumpren dez anos do seu pasamento (Vigo, 9 de marzo de 2002) a revista que dirixiu e renovou durante ese período dedica as súas páxinas á súa lembranza: como escritor, como editor e mesmo como cidadán. Ángel Basanta, María Dolores Villanueva, Ana Luna, Iolanda Galanes e Damián Villalaín, coordinados por Dolores Vilavedra, achégannos a distintos aspectos da súa obra e da súa persoa.
Os traballos recollen algunhas intervencións do curso de verán que organizou hai algúns meses a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, dirixido pola profesora Dolores Vilavedra, e que se celebrou no Consello da Cultura Galega. Editorial Galaxia dedicou durante este ano especial atención á obra de Casares, dixitalizada e accesible mesmo en formatos ebook. Durante os últimos 12 meses mantivemos activo un Blog dedicado á súa obra.
Neste número 196 da revista, Ángel Lasanta aborda a obra narrativa de Casares, María Dolores Villanueva a súa condición de editor, Ana Luna e Iolanda Galanes tratan das traducións e da súa actividade como tradutor, e Damián Villalaín, que foi director de edicións con Carlos Casares en Galaxia, fai unha semblanza da persoa e do cidadán.
No ano 2012 cumpríanse tamén dez anos do pasamento de Xoán González Millán (O Grove, 1951-Nova York, 2002), amigo de Casares e un dos críticos máis lúcidos e con maior proxección internacional das nosas letras, profesor da Universidade Pública de Nova York (Hunter College). Neste número reúnense, asemade, unhas mostras da correspondencia que o crítico envía a Casares dende a outra beira do Atlántico entre 1988 a 1997, na que se recollen interesantes opinións sobre o mundo editorial, proxectos e, obras e autores deses anos. Unha achega interesante á intrahistoria da nosa literatura máis recente.
Ademais das seccións habituais da revista: Creación, Revista das Letras, Crónica, O rego da cultura, etc., o número 196 inclúe dous ensaios especialmente pegados á realidade: "Virán máis anos e farannos máis míseros" de Antón Baamonde e "Eloxio da valentía" de Carlos Fernández, xunto cun ensaio de Carlos Lema sobre a nova conformación simbólica e filosófica do mundo contemporáneo: "Orde do mundo, secularización e progreso".

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 144
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 173
grial
12.00€ CON IVE