Estás aquí:

Código: 1290

Grial 187

12,00  IVE INCLUIDO
Lectura dixital
A lectura dixital é xa unha realidade, e ao mesmo tempo, un debate aberto sobre o futuro dos medios de comunicación, as técnicas de transmisión do coñecemento e as destrezas dos seres humanos diante do saber e a cultura.

Como se di na Carta do Editor, citando ao sociólogo americano Neil Postmann, unha cultura que non pacta historicamente coa tecnoloxía é unha cultura morta. Así sucedeu dende a revolución do alfabeto.
Manuel Bragado e Víctor F. Freixanes coordinan este número da Revista Galega de Cultura, no que participan especialistas como Domingo Docampo, catedrático de Teoría do Sinal e Comunicación e exreitor da Universidade de Vigo, Robert Darnton, de quen se traduce un interesante ensaio publicado recentemente no The New York Review of Book sobre as relacións de Google e a propiedade intelectual, Daniel Cassany, ensaísta e profesor de Análise do Discurso da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, Carlos Lema, escritor e editor, e o propio Manuel Bragado, quen analiza a realidade actual do libro libro na tecnoloxía dixital e en Internet.

A lectura dixital é algo máis ca unha revolución, é a expresión dun novo paradigma, un novo modelo de acceso ao coñecemento e de relacións dos seres humanos co saber. A lectura é a técnica máis antiga e estable de formación de cultura, transmisión de saberes, socialización. Os novos medios anuncian unha transformación profunda do modelo, non catastrofista, moito menos apocalíptica, senón tamén chea de oportunidades, mais radical.

O número 187 da revista compleméntase con varios traballos, entre eles unha interesante entrevista de Víctor F. Freixanes co cineasta galego en México, Demetrio Bilbatúa.
Demetrio Bilbatúa (Vigo, 1939) é unha das figuras fundamentais da cinematografía mexicana. Exiliado dende neno, logo de que lle asesinasen os pais e os tíos durante e guerra civil, configura, xunto co tamén galego Carlos Velo, as orixes do documentalismo cinematográfico naquel país, "ao que lle debo todo, co que me sinto profundamente comprometido", explica, "o que non quere dicir que renuncie á miña memoria de Galicia".

Na sección Documentos, Xurxo Martínez González recupera o discurso que Alfonso Castelao pronunciou nos xardíns de La Polar de La Habana, diante de miles de galegos emigrantes, a prol da República Española en 1938: "A los demócratas cubanos". Doloes Vilavedra lembra documentadamente as relacións literarias de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas: "Sintonía de dúas traxectorias". Vítor Vaqueiro, en "Escoitar o silencio", reflexiona sobre a fotografía de Manuel Vilariño, e Manrique Fernández publica un interesante traballo sobre Rogelio Groba (Guláns, 1930), un dos nosos grandes músicos contemporáneos, recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras, que vén de cumplir oitenta anos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 173
grial
12.00€ CON IVE