Estás aquí:

Código: 1282

Grial 179

12,00  IVE INCLUIDO
O idioma cara ao futuro. Lingua, sociedade e política

A revista Grial dedica o seu número 179 á lingua galega diante dos desafíos do futuro: lingua, sociedade e política. Un monográfico coordinado polo profesor Henrique Monteagudo, e no que colaboran especialistas da sociolingüística e a planificación: Anxo M. Lorenzo, Xaime Subiela, Bieito Silva, Burghard Baltrusch e Ángel López García-Molins.
O número inclúe unha conversa que Hakan Casares e Monteagudo mantiveron en Santiago de Compostela con Dónall Ó Riagáin, irlandés, un dos máis prestigiosos expertos en planificación lingüística, consultor independente para diversos gobernos e institucións e un dos impulsores e redactores da Carta Europea para as Lenguas Rexionais ou Minoritarias.

A realidade lingüística da Galicia de hoxe, dende a perspectiva do futuro do galego, é a base do número da revista GRIAL, que apunta saídas, reflexións, actuacións e posibles camiños dende un punto de partida aberto: a realidade contemporánea é unha realidade plural e plurilingüe, as sociedades desenvolvidas deben dispoñer de recursos de relación, igual que dispoñen de recursos de identidade, e o idioma galego debe situarse nese debate.

Na sección de Documentos, Xosé Manuel Dasilva reconstrúe o proceso de censura e posterior edición que recibiu o libro Da esencia da verdade de Heidegger, traducido ao galego por Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro entre 1950 e 1952 e editado en 1956. O investigador revisou moreas de documentos e expedientes da literatura galega dese período da ditadura franquista, con achegas certamente interesantes á colección Benito Soto ou a Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño entre outros.

En creación estreamos un texto de Débora Campos, dende Bos Aires, e varios poemas de Vicente Arrugas. No Espello das Letras, Carlos Lema incorpora apostilas ao seu ensaio "Contra a novela" que o pasado verán causou un interesante debate entre os narradores galegos, e Ramon Villares comenta e interpreta a correspondencia recén editada entre Ramón Otero Pedrayo e Filgueira Valverde, documentos importantes para comprender un tempo cheo de luscofusco.

Cerra o número, no que se inclúen as seccións habituais de Libros e Crónica, unha conversa entre a ensaista e poeta Chantal Maillard e o pintor Xosé Freixanes arredor da multiculturalidade e as linguaxes da creación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 156
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 18,5 x 27 cm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria
foto
esgotado